Domingo 27 de setembro · Coida Mos

Herville
Monte Aloia

Cada paso conta, cada acción suma

Vintedous quilómetros de ida e volta por camiños e monte, con música tradicional, empanada e auga, e roscón e café ao chegar. Trae o teu instrumento e únete á festa.

Facer unha inscrición 09:30 · 22 km · dificultade media
Cartel da Andaina Herville · Monte Aloia do 27 de setembro
01

Antes de empezar

Precísase
inscrición.

Unha inscrición por persoa, tamén para as crianzas, cos seus propios datos. Podes usar o mesmo correo e teléfono en todas.

O percorrido

Herville · Monte Aloia · Herville

Saída ás 09:30 desde a Asociación de Veciños de Herville.

Punto de encontro
Asociación de Veciños de Herville
Horario de saída
09:30 h
Distancia
22 km
Duración
Ida 2,5 h aprox. · Volta 2,5 h aprox.
Dificultade
Media

Xantar

Por conta de cada participante. Ás 9:15 h poderanse deixar neveiras coa comida e a bebida nunha furgoneta do Concello, que as transportará ata o Monte Aloia.

Regreso

O regreso andando está previsto para as 16:00 h. Quen desexe regresar en coche deberá organizalo pola súa conta e comunicalo con anterioridade, marcándoo na inscrición.

No alto

Música tradicional, empanadas e auga, roscón e café.

Prioriza a comodidade

Calzado cómodo e que agarre, protección solar e, se che axuda, un bastón de apoio.

Lembra traer auga

Son 22 km e arredor de cinco horas de camiño entre a ida e a volta.

Poden levarse cans

Apelamos á responsabilidade de cada quen: hai cruces de camiños e vías pavimentadas onde teñen que ir agarrados.

Para todos os públicos

Dificultade media. As crianzas inscríbense cos seus propios datos e coa declaración da persoa titora.

Paso 1

Quen se inscribe?

Introduce os datos da persoa que vai participar, tamén se é menor.

Paso 2

Confirma a actividade

Márcaa para completar a inscrición.

Para organizar o evento

Ningunha destas respostas condiciona a inscrición: serven para que a organización saiba con que contar.

Dereitos de imaxe

No evento faranse fotografías e vídeos para difundir a actividade nos medios e nas redes do Concello de Mos. Indícanos que prefires: podes inscribirte igual escollas o que escollas, e podes cambiar de idea escribindo ao Concello.

As actividades completas pasan á lista de agarda e confírmanse automaticamente cando queda unha praza. Se xa te inscribiches e perdiches o código, pídenolo por correo.