Domingo 18 de outubro · Coida Mos

Descobre
as fontes de Guizán

Cada paso conta, cada acción suma

Unha ruta circular de sete quilómetros e medio pola parroquia de Guizán para descubrir máis de quince fontes. Dificultade baixa e para todos os públicos, tamén para ir con cans.

Facer unha inscrición 09:30 · 7,5 km · dificultade baixa
Cartel da Andaina «Descobre as fontes de Guizán» do 18 de outubro
01

Antes de empezar

Unha inscrición
por persoa.

Tamén para as crianzas, cos seus propios datos. Podes usar o mesmo correo e teléfono en todas.

O percorrido

Ruta circular por Guizán

Saída ás 09:30 desde o Centro social e deportivo de Guizán.

Punto de encontro
Centro social e deportivo de Guizán
Horario de saída
09:30 h
Distancia
7,5 km
Duración
2,5 horas aprox.
Dificultade
Baixa

Máis de quince fontes

O camiño pasa por máis de quince fontes da parroquia mosense de Guizán. Unha maneira de coñecer o patrimonio da auga que hai a carón da casa.

Ruta circular

Sae e remata no mesmo sitio, o Centro social e deportivo de Guizán, así que non hai que organizar a volta. Arredor das 12:00 estarase de regreso.

Prioriza a comodidade

Calzado cómodo e que agarre, protección solar e, se che axuda, un bastón de apoio.

Lembra traer auga

Son 7,5 km e arredor de dúas horas e media de camiño.

Poden levarse cans

Apelamos á responsabilidade de cada quen: hai cruces de camiños e vías pavimentadas onde teñen que ir agarrados.

Para todos os públicos

Dificultade baixa. As crianzas inscríbense cos seus propios datos e coa declaración da persoa titora.

Paso 1

Quen se inscribe?

Introduce os datos da persoa que vai participar, tamén se é menor.

Paso 2

Confirma a actividade

Márcaa para completar a inscrición.

Para organizar o evento

Ningunha destas respostas condiciona a inscrición: serven para que a organización saiba con que contar.

Dereitos de imaxe

No evento faranse fotografías e vídeos para difundir a actividade nos medios e nas redes do Concello de Mos. Indícanos que prefires: podes inscribirte igual escollas o que escollas, e podes cambiar de idea escribindo ao Concello.

As actividades completas pasan á lista de agarda e confírmanse automaticamente cando queda unha praza. Se xa te inscribiches e perdiches o código, pídenolo por correo.